jueves, 24 de febrero de 2011

Lois Pereiro. Opción cara a vida.

As letras galegas 2011 adícanse a Lois Pereiro, un poeta "complexo para traballar en Primaria" pero de profundo sentimento de amor, vida, morte... nace en Monforte de Lemos no 1958 e ten cunha vida complicada dende que no 1981 descubre que padece a intoxicación polo aceite nesnaturalizado de colza, que precipita o seu desenlace no 1996.
Esta imaxe pretende recoller a miña sensación persoal ao ler a vida e obra deste poeta... na imaxe inferior nuns versos que amoso xunto a un grafitti que apareceu en Vigo, onde pode lerse a súa opción cara a vida, co sol entrando a eito... sol a mancheas tamén no debuxo superior, inspirado sobre unha das imaxes máis coñecidas.


Versos do poema:"Desde a superficie dun novo e imprevisto salvamento" Nadal 94. Para escoitar o poema enteiro preme AQUÍ.

domingo, 20 de febrero de 2011

Comprensión lectora con textos e imaxes.


Nesta actividade hai que adaptar as imaxes para que coincidan co que pon o texto.
Válida dende 2º de Primaria.

Mellora a velocidade lectora.


Preme para comezar o entrenemento.

miércoles, 16 de febrero de 2011

Repasa la medida.

Material de Marisa Carrillo, Enrique Hernán, Laura Hernán.

Clica en las imágenes para acceder a los programas.





martes, 15 de febrero de 2011

lunes, 14 de febrero de 2011

Ayuda a la lectoescritura ALE.

Clica na imaxe para acceder ao programa.

domingo, 13 de febrero de 2011

Ler e escribir sobre o amor.

Posible carta de Manuela ao seu home Manuel.
Personaxes do conto AVÓS de Kalandraka.
Para o día de San Valentín.


Penquiñas únese á iniciativa de Xiralibro de facer cartas de amor... preme para saber máis.

Na entrada da aula puxemos un debuxo alusivo a unha das ilustracións deste libro AVÓS, do que estamos a facer unha lectura conxunta.

AVÓS de autor Chema Heras e ilustradora Rosa Osuna. Ed. Kalandraka. Preme sobre a foto para saber desta imaxe.


domingo, 6 de febrero de 2011

Te amo de Pablo Neruda.


Poema de amor... do que se pode aprender moito para facer unha carta de amor única.

miércoles, 2 de febrero de 2011

O soldadiño de chumbo.


Unha historia de amor... en clave galega.
Ler máis...

Mala sorte.

Mala sorte.

E por primeira vez desde que souben
que aínda respiraba e seguía vivo
sei o que é sentir medo a non estalo

Interrompido na mellor escea
cando estaba soñando un soño dérmico
de paixón e beleza
cunha serea distancia literaria e sabia

Só ela podía ser tan inoportuna
groseira inculta e pouco delicada
chamándome despois de ter sobrevivido
á confortable atracción do fracaso
e saber dunha vez o que era a vida
amar e ser amado.

LOIS PEREIRO.