sábado, 20 de febrero de 2010

Ortografía en galego. José M. Boo Pouso.

Xogo de ortografía do CEIP de Frions.

jueves, 18 de febrero de 2010

Ortografía 2º ciclo



Preme nesta imaxe para facer uns exercicios de ortografía en castelán pensados para o segundo ciclo.

miércoles, 17 de febrero de 2010

Descubrindo Flash.

Neste curso escolar a un grupo de profesores de primaria e secundaria pareceunos interesante aprender a facer cousas en flash para que as nosas actividades puidesen quedar máis "vistosas"... e pese a que partimos de cero tivemos a Jose Antonio Garabatos, do IES de Teis, para amosarnos o camiño... quédanos unha docencia para avanzar outro pouquiño e solventar dúbidas... Graciñas Jose Antonio.
Sentadas as bases, sempre poderemos seguir aprendendo en internet. AQUÍ e tamén AQUÍ.

sábado, 13 de febrero de 2010

Smart Notebook en línea.


Preme na imaxe para acceder e traballar en liña co software do EDI.

miércoles, 3 de febrero de 2010

Repaso do manexo do EDI con vídeos minititoriais.

Este curso tivemos a sorte de poder contar cunha persoa moi especial Mariló Mira, do IES de Tomiño, para facernos un intenso repaso de todas as posibilidades do EDI (Encerado dixital interactivo)... foron dúas docencias que serviron para abrirnos a todas as posibilidades que hai... so queda practicar cos dous EDI que temos no colexio. Graciñas Mariló.

Premendo sobre esta imaxe hai un enlace a uns vídeos minititoriais moi válidos para solventar esas dúbidas rápidas e non ter que precisar o ir aos manuais. Feito polo CEIP San José de Calasanz.

lunes, 1 de febrero de 2010

Repasa o xeito de escanear un traballo.


O xeito nº 2 de escanear está programado así no escaner na biblioteca para facilitar o seu uso.

PREME PARA ACCEDER AO SLIDE.