viernes, 22 de octubre de 2010

A pantasma da porta da A310.

Recentemente apareceu unha pantasma de aspecto moi desagradable e arrepiante na entrada da nosa aula 310 (parécese á pantasma de Canterville... non?)...
Vese que esta pantasma non asusta a nengún ministro... nen o norteamericano do conto, nen ao español... senón PREMEDE AQUÍ.
Este vídeo que resultou de espreitar o que acontecía pola noite... o realmente asombroso, é a aparición da pequena pantasma verde, de nome Jacinto que queda gravada sen querer, mentres miraba con sorpresa as cousas raras que estaban ocurrindo... podía escoitarse a súa voz en verso:
Soy el fantasma Jacinto,
de los demás tan distinto.
De chiquito que soy;
a nadie miedo doy;
si acaso a los ladrones.
Me rechiflan los bombones,
me apasiona coger flores,
y volar por los balcones.
Soy el fantasma Jacinto,
de los demás tan distinto.
Voz que é recollida nun libro de Anaya "Aventuras divertidas en el país de los fantasmas" UUHHHH!!

lunes, 18 de octubre de 2010

A pantasma de Canterville.

1 2

Coa axuda das catro imaxes do ilustrador arxentino, Sebastián Barreiro, conta aos compañeiros a historia que se narra neste libro. Primeiro averigua a orde temporal das mesmas.

3 4
Para ler a obra en castelán na Wikisource preme AQUÍ , para escoitala preme na imaxe inferior. Podes ler e escoitar activando os dous enlaces.
Coñece ao autor desta obra OSCAR WILDE.
Ficha para traballar a comprensión do 1ª capítulo.
















domingo, 17 de octubre de 2010

Contos inspirados na pantasma do castelo.

Para ler os sinxelos contos de pantasmas do alumnado desta aula elaborados nestas datas do curso pasado e inspirados no libro "A pantasma do castelo" de Mira Lobe ed. Galaxia, premede na imaxe. Están no blog da biblioteca como comentarios.

miércoles, 6 de octubre de 2010

Podcast con Audacity.

Preme na imaxe para ler un manual sinxelo.


Como pendurar podcast no blog de Blogger.

martes, 5 de octubre de 2010

Emprego das TIC na aula de PT.

As aulas de Pt son as máis axeitadas para manexar o EDI de xeito cotiá, xa que xeralmente temos nelas uns grupiños con pouco alumnado... non máis de catro na miña aula. As veces vense os EDI parados nalgures... as aulas de Pt pódenlle sacar moito partido diariamente.

Na imaxe superior pódese observar que hai un alumno traballando nun lim de matemáticas no ordenador de sobremesa (poderían estar dous alumnos e traballar en equipo) e un alumno no EDI facendo o programa de encestar o acento. Ambos programas enlazados neste blog.

O EDI non é equipamento propio desta aula, de feito foi mercado pola biblioteca, e préstase cando algún mestre o solicita... ten un carro que leva incorporado o equipo de son e o canón, e so precisa conectar un portátil que teña instalado o sofware da pizarra, o Notebook.

lunes, 4 de octubre de 2010

Finalidade do uso das TIC na aula Pt.

REFORZO DO CURRÍCULO. Seleccionar materiais que sirvan para reforzar o aprendido nas diferentes áreas curriculares, sobre todo naqueles temas nos que atopamos maiores dificultades.
MELLORA DE TODAS AS COMPETENCIAS, incluindo a dixital, aprender a aprender, autonomía e iniciativa persoal...
POSIBLE MANEXO COMO REFORZO POSITIVO, MOTIVACIÓN xa que estes medios aproveitan a imaxe e o son.
SELECCIÓN E CREACIÓN DE MATERIAIS E A POSIBILIDADE DE COMPARTIRLOS, aproveitando os blogs das aulas, bibliotecas escolares... facendo que na rede todos vaiamos eliminado esas barreiras de espazo e tempo, e poidamos facilitar o acceso aos coñecementos, programas, lecer, as persoas con maiores dificultades...
SATISFACCIÓN DAS NECESIDADES ESPECÍFICAS E PROPIAS DOS NEAE, visualización ampliada, pictogramas, apoio xestual...
INNOVACIÓN EDUCATIVA. Facendo un esforzo por estar ao día, por mellorar continuamente.


domingo, 3 de octubre de 2010

Resolución de problemas.

Programa moi completo para reforzar os problemas aritméticos, xeométricos, de razonamento lóxico e tanteo sistemático na Primaria. Autor Juan García Moreno.


Suma e atopa o globo co resultado.

Neste xogo hai que sumar con rapidez e atopar o resultado que está nun globo en movemento.

Do mesmo estilo podes facer un exercicio de multiplicar. AQUI

sábado, 2 de octubre de 2010

Entrena las operaciones básicas.

Dedica unos minutitos a afilizar el cálculo básico, sobre todo la multiplicación.
Puedes seleccionar el tiempo y la operación.
¡Prueba si eres más rápido y eficaz que tus allegados! ¡Sorpréndete de lo que puedes conseguir!

viernes, 1 de octubre de 2010

Prioridade de operacións.

A formación no CEP Dr. Fleming.

Tipos de formación:
INDIVIDUAL:
Segundo as necesidades individuais de cada profesional. Recóllense as inquedanzas e dase a información precisa para que o profesorado poida fatisfacer os seus intereses persoais:
Recordanse as direccións electrónicas e o xeito de acceder a webs como:
Formación profesorado.
Platega.
EOI Escola oficial de idiomas de Vigo.
EPA Artes y oficios.

Ensinanzas especiais e adultos.

GRUPAL INTERNA SEGUNDO NECESIDADES E/OU DEMANDA:
Neste curso académico 2010-2011 o resultado da elección do profesorado sobre a proposta de cursos internos (impartidos solidariamente polo propio profesorado do centro e non cerfificables en horas) quedou do seguinte xeito:

GRUPAL INTERNA E EXTERNA:
Considérase formación interna e externa a aquela na que a docencia é externa ao propio personal do centro, e dicir, é unha formación supervisada e asesorada polo CEFORE, na que se certifican horas, neste curso a asesora é Nieves Dapoza... como é unha formación aberta ao profesorado do centro pasa a ser interna para aqueles que non forman parte dos diferentes grupos.

Obradoiro ABALAR. Todo o profesorado que imparte docencia nas catro aulas de 5º nivel.
PFAC “Integración das TIC nas aulas” 30 horas. Participan 16 persoas do centro. Formación Blogger, Audacity e Gimp.
GT “A comprensión lectora dende as TIC” 50 horas. Participan 9 persoas entre as deste centro e outros da cidade. Formación no Notebook do EDI.

Xogos para eses minutos finais...

Xogos de atención e lóxica, tardan un pouquiño en cargar... para facer logo de rematar os traballos máis curriculares.

Actividades TIC por cursos e áreas.