viernes, 31 de diciembre de 2010

Fai os labirintos














O xogo da esquerda é o típico de movemento nun labirinto. Hai que levar ao rato coas frechas ao queixo.
O da dereita é moi creativo, hai que ir engadindo as liñas que unen os puntos por quendas e logo completar os cadros. Xogas contra a máquina.

Poden tardar un chisquiño en cargar, pero son uns xogos xeitosos...

lunes, 27 de diciembre de 2010

Mascotas no xacobeo.

A mascota da nosa aula, Penquiñas, que participou neste Xacobeo 2010, está a piques de gardar a súa roupa, xa que ata dentro de once anos non vai volver poñela... nestes días que aínda quedan para rematar o ano, fai un repaso dos aspectos básicos do que levaba.

Aproveita tamén para amosarvos a nova mascota XUBI do deseñador galego Alberte Permuy que integra o caxato e a cabaza en tonos azuis... preme sobre ela para ler máis.

Ao seu carón está a mascota PELEGRÍN nacida no Xacobeo 1993



lunes, 13 de diciembre de 2010

Repasa os tipos de globos con Mafalda.


Preme sobre a imaxe para vela a maior tamaño.
Se a imprimes podes coloreala e logo emplear as imaxes para facer a túa propia tira.

sábado, 11 de diciembre de 2010

Vídeo, xogos, pasatempos e mapa de Geronimo Stilton.





Aqui tes unha das películas de Stilton, está en dúas partes.
No blog de Geronimo Stilton podes atopar o nome dos libros e moitas cousas máis... preme sobre as palabras de abaixo para acceder a:
XOGOS
PASATEMPOS
Preme na imaxe para ver o mapa do "Eco do Roedor" de Geronimo Stilton.

Fai música co canto destes cabalos.


Preme sobre cada cabalo para ir compoñendo a música.
Se o desexas máis grande preme AQUÍ.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Un gaiteiro no Belén para animar a festa.


Nesta ponte coas festividades da constitución, día do ensino e a inmaculada, tocou "montar o Belén" na casa, e mentras colocaba pedriñas, musgo de mil anos e musgo sintético, a sagrada familia, pastores, o anxo, ovellas, labradores, reis magos e herodes, moitos non saen la foto... con serrín que pareceume moito máis limpo que a area, e construccións feitas na casa... sen esquecer ao Mortadelo que vixará ao Fleming mañá mesmo para animar á semana do cómic.... pensaba que podía engadirlle para que tivera un puntiño galego... e decidín que "un gaiteiro" sería fenomenal para animar a festa...

sábado, 4 de diciembre de 2010

Penquiñas preparando o Nadal.

Penquiñas comeza a descontar os días cara ao Nadal... e recomenda "dalo todo" nestas últimas datas, para que unhas boas notas poñan aos Reis Magos en moi boa disposición...


Humor, cómics e Nadal...

Sempre é posible relacionar o Nadal e os cómics!!
Preme AQUÍ para ler más cómics sobre este tema. Se premes sobre a imaxe lerás mellor os bocadillos.

viernes, 3 de diciembre de 2010

Recursos sobre o Nadal.




Preme sobre a imaxe.

jueves, 2 de diciembre de 2010

O cazo de Lorenzo


Este conto de Isabelle Carrier fala do día a día dun neno diferente, con dificultades, cualidades e obstáculos que debe afrontar...
Libro recomendado por FEAPS.