sábado, 26 de septiembre de 2009

Conceptos básicos.


Este traballo pode ser utilizado por pais/nais e profesorado para reforzar estes conceptos básicos... é importante sacar tempo en facer este tipo de actividades de aprendizaxe, que poden resolverse dun xeito agradable e divertido.

domingo, 20 de septiembre de 2009

Vídeo de Vigo


Vídeo realizado por Sergiovigo1990

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Mellora a atención.

Traballa a atención, con personaxes de cómic, neste LIM (preme na imaxe).

Neste momento do curso escolar é básico repasar os conceptos básicos como noción de cor, orientación espacial, análise de detalles... cunha actividade moi sinxela e gratificante. Ademais a presentación destes personaxes de cómic que poderemos ter na aula, conseguirá motivar tamén a lectura.


Abaixo podedes facer o mesmo estilo de actividade en papel, imprimindo dúas láminas idénticas, unha delas pode ser recortada polos cadrados e a outra a deixamos como base para posteriormente solicitar que coloquen as pezas sobre a mesma.
Elixe a lámina e preme sobre ela (en pdf).

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Aprende a estudiar.


Programa muy interesante titulado "Aprende a estudiar", trata sobre las diversas técnicas de estudio de una manera sencilla y asequible. Tanto de una manera teórica como práctica y es muy ameno. Clica sobre la imagen.
Autor: Raúl Martínez

martes, 8 de septiembre de 2009

Crea o teu cómic.




Comeza o curso creando o teu propio cómic... escolle a imaxe para o fondo e coloca onde queiras os diferentes obxectos e protagonistas que podes elexir dos que se atopan no programa, logo elixes os globos e xa podes por os diálogos... adiante, é moi sinxelo e queda sorprendente.
Infórmate sobre a linguaxe dos cómics...

viernes, 4 de septiembre de 2009

Vocabulario galego en LIM

Se premes nas imaxes podrás traballar un vocabulario básico nesta lingua sobre diferentes temas. Estas actividades elaboradas por un grupo de traballo, asesorado dende o CEFORE de Vigo, foron pensadas para alumnado estranxeiro descoñecedor do galego, pero poden ser aproveitadas por todo o alumnado en fase de iniciación.

A AULA, autora Lupe González. A FAMILIA, autoras Mª Teresa Rosendo y Lupe González.

A INDUMENTARIA, autora Begoña Salgado. A VIVENDA, autor Xose Lois.

OS ALIMENTOS E UTENSILIOS, autor Javier Novoa. XOGO OS ALIMENTOS, autora Lupe González.

COÑECE GALICIA, autor Xoan Xosé Sande. O COLEXIO, autora Chus Díaz.

jueves, 3 de septiembre de 2009

Plan de acollida en Galicia

Plan de acollida elaborado por un GT (grupo de traballo) de Vigo. Preme na imaxe para acceder.
Preme para acceder as orientacións da XUNTA DE GALICIA para elaborar un plan de acollida para atender ao alumnado procedente do estranxeiro.

Preme para ler máis sobre o apartado "Alumnado procedente do estranxeiro", no portal educativo da XUNTA DE GALICIA. AQUÍ.