Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de abril de 2013

Videoconto e LIM de Polgariño.

Para a celebración do día do libro podemos escoitar o conto de Polgariño de Perrault mentres facemos os crebacabezas coas imaxes montadas e adaptadas de ARASAAC con outras recollidas na rede. 
Logo poremos a proba a nosa comprensión lectora cunhas sinxelas actividades...

sábado, 12 de marzo de 2011

Traballa as matemáticas cos diferentes LIM

Preme nas diferentes portadas para acceder aos diferentes temas en LIM (nestes traballos elaborados por Lupe González hai enlaces moi interesantes a traballos doutros profesionais)


Sistema métrico decimal e operacións de multiplicar, dividir, euros e reloxo.



Figuras planas e repaso da táboa do 9.


Estratexias de cálculo para o 1º ciclo e números e regletas ata o 10.

jueves, 24 de febrero de 2011

Lois Pereiro. Opción cara a vida.

As letras galegas 2011 adícanse a Lois Pereiro, un poeta "complexo para traballar en Primaria" pero de profundo sentimento de amor, vida, morte... nace en Monforte de Lemos no 1958 e ten cunha vida complicada dende que no 1981 descubre que padece a intoxicación polo aceite nesnaturalizado de colza, que precipita o seu desenlace no 1996.
Esta imaxe pretende recoller a miña sensación persoal ao ler a vida e obra deste poeta... na imaxe inferior nuns versos que amoso xunto a un grafitti que apareceu en Vigo, onde pode lerse a súa opción cara a vida, co sol entrando a eito... sol a mancheas tamén no debuxo superior, inspirado sobre unha das imaxes máis coñecidas.


Versos do poema:"Desde a superficie dun novo e imprevisto salvamento" Nadal 94. Para escoitar o poema enteiro preme AQUÍ.

viernes, 28 de mayo de 2010

Vocabulario en lingua galega, en LIM

Traballo en aspectos basado en imaxes de Vigo realizado polo GT "Inmersión lingüística en galego. Emprego as TIC"

Coordinadora: Lupe González.
Asesora: Nieves Dapoza.


O MERCADO DO CALVARIO de Oscar Rodríguez.


OS MONUMENTOS DE VIGO de Roberto Pérez.
OCIO E TEMPO LIBRE de Chuz Díaz.


OS OFICIOS de Luz Díaz.
OS ARREDORES DE VIGO de Begoña Salgado.


OS MEDIOS DE TRANSPORTE De Lupe González e Teresa Rosendo.
AS RÚAS de Xose Lois.

lunes, 3 de mayo de 2010

sábado, 20 de febrero de 2010

Ortografía en galego. José M. Boo Pouso.

Xogo de ortografía do CEIP de Frions.

lunes, 28 de diciembre de 2009

Panxoliña "Con un sombreiro de palla" de FUXAN OS VENTOS.

Para ler e cantar con pictogramas, preme AQUÍ.

Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
mentras adouraba ó Neno,
comeulle o sombreiro o boi,
DEIXADE OS PASTORES
DEIXADEOS PASAR
QUE VAN A CANTAR AO REI
A XESUS NO PORTAL!
Nunhas pallas deitadiño
i en coiriños alí está!;
sendo o Dono diste mundo
e Señor de canto hai!

lunes, 21 de diciembre de 2009

Contos do Apalpador para ler.

Preme e poderás ler uns bos contos sobre o Apalpador galego.


Clica na imaxe para ler en ISSUU.

Clica.
Estes contos poden lerse escollendo as imaxes con texto, clicando sobre a primeira e logo pasando as seguintes.

Para ler e acceder a outras actividades sobre o Apalpador preme AQUÍ.

domingo, 20 de diciembre de 2009

O Apalpador, personaxe do nadal galego que compite con Papanoel.


Cantiga recollida no courel.
Vaite logo meu ninín/neniña,
marcha agora para a camiña,
que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande,
día do noso Señor.
xa chegou o día grande,
e virá o Apalpador.

Mañã é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba,
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

martes, 17 de noviembre de 2009

Coñece os animais

Traballo en LIM realizado por Begoña Salgado.

sábado, 26 de septiembre de 2009

Conceptos básicos.


Este traballo pode ser utilizado por pais/nais e profesorado para reforzar estes conceptos básicos... é importante sacar tempo en facer este tipo de actividades de aprendizaxe, que poden resolverse dun xeito agradable e divertido.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Mellora a atención.

Traballa a atención, con personaxes de cómic, neste LIM (preme na imaxe).

Neste momento do curso escolar é básico repasar os conceptos básicos como noción de cor, orientación espacial, análise de detalles... cunha actividade moi sinxela e gratificante. Ademais a presentación destes personaxes de cómic que poderemos ter na aula, conseguirá motivar tamén a lectura.


Abaixo podedes facer o mesmo estilo de actividade en papel, imprimindo dúas láminas idénticas, unha delas pode ser recortada polos cadrados e a outra a deixamos como base para posteriormente solicitar que coloquen as pezas sobre a mesma.
Elixe a lámina e preme sobre ela (en pdf).

viernes, 4 de septiembre de 2009

Vocabulario galego en LIM

Se premes nas imaxes podrás traballar un vocabulario básico nesta lingua sobre diferentes temas. Estas actividades elaboradas por un grupo de traballo, asesorado dende o CEFORE de Vigo, foron pensadas para alumnado estranxeiro descoñecedor do galego, pero poden ser aproveitadas por todo o alumnado en fase de iniciación.

A AULA, autora Lupe González. A FAMILIA, autoras Mª Teresa Rosendo y Lupe González.

A INDUMENTARIA, autora Begoña Salgado. A VIVENDA, autor Xose Lois.

OS ALIMENTOS E UTENSILIOS, autor Javier Novoa. XOGO OS ALIMENTOS, autora Lupe González.

COÑECE GALICIA, autor Xoan Xosé Sande. O COLEXIO, autora Chus Díaz.

jueves, 3 de septiembre de 2009

Plan de acollida en Galicia

Plan de acollida elaborado por un GT (grupo de traballo) de Vigo. Preme na imaxe para acceder.
Preme para acceder as orientacións da XUNTA DE GALICIA para elaborar un plan de acollida para atender ao alumnado procedente do estranxeiro.

Preme para ler máis sobre o apartado "Alumnado procedente do estranxeiro", no portal educativo da XUNTA DE GALICIA. AQUÍ.

jueves, 6 de agosto de 2009

Mapas flash interactivos


Premendo na imaxe podes enlazar a uns fantásticos mapas interactivos en galego.



Hay muchos más mapas en castellano... clica AQUÍ.