Mostrando entradas con la etiqueta decoración aula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta decoración aula. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de mayo de 2013

Preparando as celebracións do mes de maio.

No mes de maio temos dúas datas salientables:

12 de maio, día das matemáticas. CLICA para acceder ao que se foi facendo e enlazando nestes anos anteriores na biblio do cole. Pouco a pouco irá aparecendo o novo deste curso escolar.

17 de maio, día das Letras Galegas, este ano adicado a Roberto Vidal Bolaño. CLICA para acceder ao que se vaia facendo dende o cole.

lunes, 14 de enero de 2013

Obxectivo a PAZ.

Este ano co día da Paz tamén celebramos a semana cultural de Etiopía.

domingo, 13 de febrero de 2011

Ler e escribir sobre o amor.

Posible carta de Manuela ao seu home Manuel.
Personaxes do conto AVÓS de Kalandraka.
Para o día de San Valentín.



Na entrada da aula puxemos un debuxo alusivo a unha das ilustracións deste libro AVÓS, do que estamos a facer unha lectura conxunta.

AVÓS de autor Chema Heras e ilustradora Rosa Osuna. Ed. Kalandraka. 



sábado, 4 de diciembre de 2010

Penquiñas preparando o Nadal.

Penquiñas comeza a descontar os días cara ao Nadal... e recomenda "dalo todo" nestas últimas datas, para que unhas boas notas poñan aos Reis Magos en moi boa disposición...


miércoles, 3 de noviembre de 2010

Leyendo de Miguel Hernández.

Un ciprés: a él junto, leo.
(El sol va acortando poco
a poco su fulgor loco.
Preludia un ave un gorjeo.)
Me acuesto en la hierba. Leo.
(Es el poniente de hoguera:
contra él una palmera
tiene un débil cabeceo.)
Echo el ojo al hato. Leo.
(Da el sol un golpe mayúsculo
a una montaña...
Crepúsculo.
Se oye de un agua el chorreo.)
Me pongo sentado. Leo.
(La muriente luz se enjambia
fingiendo una gran Alhambra
de mármol cristaloideo.)
(Trunca el ave su gorjeo.
Por el oriente descuella
la noche.
¿Nace una estrella?)
No quedan luces... No leo.
Preme para escoitar o poema "Leyendo".
A decoración da porta da aula enlaza o traballo de Miguel Hernández (texto coa ilustración no bocadillo para facilitar a comprensión) e o da semana do cómic que pronto estará na biblioteca e polos corredores.

Para ler outros poemas de Miguel Hernández, PREME AQUÍ.

martes, 14 de septiembre de 2010

Volta á aula e ao colexio.

Chega o día 10 de setembro e as paredes vístense de cor...
Asterix e Obélix preparados para traballar arreo neste inicio de curso na aula 310 do colexio.

jueves, 1 de abril de 2010

Polgariña

Polgariña é un dos moitos contos de Andersen. Se queres escoitar o conto, ou lelo en diversas linguas preme na imaxe para acceder á páxina onde poderás facelo.
Este é un pequeno adianto primaveral... do mes do libro no colexio... este ano o adicamos a este escritor e os seus contos. Polgariña noutras linguas: Pulgarcita, Thumbelina (inglés), Tommelise (danés), Mignolina (italiano), La Petite Toucette (francés)...
Ver o vídeo por partes:
Podemos comezar coa lectura/audición deste conto e logo poñer os vídeos, cada un deles dura sobre oito minutos, e pode servir como incentivo ou reforzo da comprensión lectora.
PRIMEIRA PARTE, SEGUNDA PARTE, TERCEIRA PARTE.
Graciñas ao meu alumnado que rematou hoxe a lectura e ilustración de todo este conto... queda rematar a parte escrita e logo baixarémolo á biblioteca para compartilo co resto do centro.

O NOSO TRABALLO NESTE BLOG:


viernes, 12 de marzo de 2010

Penquiñas participando na semana da prensa.

Penquiñas atopa moitas novas na prensa... unhas relativamente boas e outras desastrosas, e decide colaborar na elaboración dun sinxelo xornaliño coas novas da biblioteca e as conmemoracións escolares, na lisa parede da entrada á aula.

miércoles, 27 de enero de 2010

Mortadelo está coa Paz.

Este ano temos a Mortadelo colaborando coa CONVIVENCIA en Paz.

Abaixo vedes o cartel da entrada ao colexio... e á dereita algo camuflado está saindo da nosa aula de Pt, logo de facernos ver que a Paz é o mellor obxectivo para lograr a convivencia entre persoas moi diferentes.

Da gusto ver que o que se está a traballar vai dando algo de froito... polo que teño que estar dacordo con Mortadelo de que igual tiñamos que celebrar unha vez ao mes un día 30 de xaneiro, DÍA DA PAZ.
Bo día para todos e todas, lucide esas pombas de todas as cores e procedencias!!