lunes, 30 de enero de 2012

Repasa os trazos das letras.

1º Escolle a letra que desexes e observa atentamente o seu trazo.

2º Escolle a letra e repásaa co rato ata que interiorices o seu debuxo.
Agora xa estás preparad@ para facer caligrafía en papel...

lunes, 16 de enero de 2012

Enlaces a mapas mudos.

Dende ested enlace podes visualizar e/ou descargar mapas mudos de Europa, España, Galicia... Preme aquí.

miércoles, 4 de enero de 2012

Niveis de comprensión lectora.


1º nivel:

Comprensión literal.

Centrado en dúas capacidades fundamentais: recoñecer e recordar.

As preguntas irán dirixidas ao:

ü Recoñecemento e recordo da localización e a identificación de elementos, detalles (nomes, personaxes e os seus rasgos, feitos, épocas, lugares, tempo...)

ü Recoñecemento e recordo das ideas principais/ secundarias/ relacións causa-efecto.


2º nivel:

Comprensión interpretativa.

Cunha primeira fase centrada na reorganización da información, (nova ordenación das ideas e informacións mediante procesos de clasificación e síntesis).

E unha segunda fase na que o lector vai engadir a súa experiencia persoal á hora de realizar hipótesis e conxeturas, comprensión inferencial.

As preguntas irán dirixidas a:

ü Clasificar e categorizar aspectos persoais, lugares...

ü Contextualizar e inferir o significado das palabras.

ü Esquematizar e/ou resumir as ideas básicas.

ü Analizar e facer relacións de causalidad entre as distintas partes do texto.

ü Identificar o real e o imaxinario.

ü Comprender o significado do texto partindo de inferencias lóxicas, culturais, semánticas... aspectos que non teñen porque aparecer no texto e que son coñecidos polo lector.


3º nivel:

Comprensión crítica.

Corresponde á lectura crítica ou xuizo valorativo do lector, conleva un:

• xuizo sobre a realidade/fantasía.

• xuizo de valores.

Este nivel permite a reflexión sobre o contido do texto. O lector establece una relación entre a información que aporta o texto e os coñecementos que obteñen doutras fontes, e avalía as afirmacións do texto contrastándoas co seu propio coñecemento do mundo.

As preguntas irán dirixidas a:

ü Avaliar a consistencia ou irrelevancia do texto.

ü Verificar a veracidade dunha información.

ü Diferenciar os feitos das opinións.

ü Analizar as intencións do autor do texto.

ü Identificar o subxectivo do obxectivo.

ü Valorar o texto (xuizo persoal).

ü Relacionar a lectura coa experiencia propia.


4º nivel:

Metacomprensión lectora.

Esta fase ten dous compoñentes: monitoreo (capacidade do lector de ser consciente do seu proceso de comprensión) e regulación (mecanismos para controlalo).

ü Realizar prediccións sobre a lectura.

ü Detectar os aspectos importantes da lectura.

ü Establecer os obxectivos da lectura.

ü Supervisar o logro dos obxectivos da lectura.

ü Planificar estratexias de comprensión.

ü Localizar os problemas de comprensión.

ü Identificar as causas dos problemas de comprensión.

ü Usar estratexias correctivas.

ü Avaliar os logros da lectura.

ü Avaliar a eficacia das estratexias utilizadas.


Comprensión lectora en LIM, nivel 1.

lunes, 2 de enero de 2012

Tipos de textos para trabajar la comprensión lectora.

Para mejorar la comprensión lectora de nuestro alumnado debemos emplear distintos tipos de textos:
TEXTOS CONTINUOS:
TEXTOS DISCONTINUOS: