Este material ten importancia para o coñecemento da Idade Media porque se van estudar os personaxes masculinos e femininos de maior relevancia e algúns lugares destacados onde ocurre a acción.
Podemos traballar individualmente ou en grupo para averiguar as relacións entre eles, investigar e ampliar o coñecemento sobre as súas vidas e as aportacións históricas na orde cronolóxica dos acontecementos. Visualizar no mapa da Península os lugares destacados e os avances das conquistas duns e outros, e unha vez teñamos o tema visto, podemos "viaxar" coa robótica polo mapa de España político, facendo desta experiencia un xogo de estratexia dando cabida á linguaxe computacional que se vai relacionar coa orientación espacial dando unha boa sinerxia. Poden xurdir historias elaboradas polo alumnado para dar contexto aos retos que van ser levados á robótica e ao final a idea é disfrutar coa cultura traballando todas as competencias.
Parte traseira das cartas (como idea se queredes que vos quede tamaño cartas de xogo podedes poñer dúas imaxes en word polo lado corto e otras dúas de traseira e ao imprimir en doble cara, e logo plastificar e recortar, queda moi ben para traballar na clase de 5º)
















































