Penquiñas atopa moitas novas na prensa... unhas relativamente boas e outras desastrosas, e decide colaborar na elaboración dun sinxelo xornaliño coas novas da biblioteca e as conmemoracións escolares, na lisa parede da entrada á aula.
Neste curso escolar a un grupo de profesores de primaria e secundaria pareceunos interesante aprender a facer cousas en flash para que as nosas actividades puidesen quedar máis "vistosas"... e pese a que partimos de cero tivemos a Jose Antonio Garabatos, do IES de Teis, para amosarnos o camiño... quédanos unha docencia para avanzar outro pouquiño e solventar dúbidas... Graciñas Jose Antonio. Sentadas as bases, sempre poderemos seguir aprendendo en internet.AQUÍ e tamén AQUÍ.