Mostrando entradas con la etiqueta as Tic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta as Tic. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de octubre de 2010

Emprego das TIC na aula de PT.

As aulas de Pt son as máis axeitadas para manexar o EDI de xeito cotiá, xa que xeralmente temos nelas uns grupiños con pouco alumnado... non máis de catro na miña aula. As veces vense os EDI parados nalgures... as aulas de Pt pódenlle sacar moito partido diariamente.

Na imaxe superior pódese observar que hai un alumno traballando nun lim de matemáticas no ordenador de sobremesa (poderían estar dous alumnos e traballar en equipo) e un alumno no EDI facendo o programa de encestar o acento. Ambos programas enlazados neste blog.

O EDI non é equipamento propio desta aula, de feito foi mercado pola biblioteca, e préstase cando algún mestre o solicita... ten un carro que leva incorporado o equipo de son e o canón, e so precisa conectar un portátil que teña instalado o sofware da pizarra, o Notebook.

lunes, 4 de octubre de 2010

Finalidade do uso das TIC na aula Pt.

REFORZO DO CURRÍCULO. Seleccionar materiais que sirvan para reforzar o aprendido nas diferentes áreas curriculares, sobre todo naqueles temas nos que atopamos maiores dificultades.
MELLORA DE TODAS AS COMPETENCIAS, incluindo a dixital, aprender a aprender, autonomía e iniciativa persoal...
POSIBLE MANEXO COMO REFORZO POSITIVO, MOTIVACIÓN xa que estes medios aproveitan a imaxe e o son.
SELECCIÓN E CREACIÓN DE MATERIAIS E A POSIBILIDADE DE COMPARTIRLOS, aproveitando os blogs das aulas, bibliotecas escolares... facendo que na rede todos vaiamos eliminado esas barreiras de espazo e tempo, e poidamos facilitar o acceso aos coñecementos, programas, lecer, as persoas con maiores dificultades...
SATISFACCIÓN DAS NECESIDADES ESPECÍFICAS E PROPIAS DOS NEAE, visualización ampliada, pictogramas, apoio xestual...
INNOVACIÓN EDUCATIVA. Facendo un esforzo por estar ao día, por mellorar continuamente.