miércoles, 16 de septiembre de 2009

Mellora a atención.

Traballa a atención, con personaxes de cómic, neste LIM (preme na imaxe).

Neste momento do curso escolar é básico repasar os conceptos básicos como noción de cor, orientación espacial, análise de detalles... cunha actividade moi sinxela e gratificante. Ademais a presentación destes personaxes de cómic que poderemos ter na aula, conseguirá motivar tamén a lectura.


Abaixo podedes facer o mesmo estilo de actividade en papel, imprimindo dúas láminas idénticas, unha delas pode ser recortada polos cadrados e a outra a deixamos como base para posteriormente solicitar que coloquen as pezas sobre a mesma.
Elixe a lámina e preme sobre ela (en pdf).

No hay comentarios:

Publicar un comentario