miércoles, 27 de enero de 2010

Mortadelo está coa Paz.

Este ano temos a Mortadelo colaborando coa CONVIVENCIA en Paz.

Abaixo vedes o cartel da entrada ao colexio... e á dereita algo camuflado está saindo da nosa aula de Pt, logo de facernos ver que a Paz é o mellor obxectivo para lograr a convivencia entre persoas moi diferentes.

Da gusto ver que o que se está a traballar vai dando algo de froito... polo que teño que estar dacordo con Mortadelo de que igual tiñamos que celebrar unha vez ao mes un día 30 de xaneiro, DÍA DA PAZ.
Bo día para todos e todas, lucide esas pombas de todas as cores e procedencias!!

domingo, 24 de enero de 2010

Analiza os perigos que amenazan a paz con "Pigeon imposible".

Preme na imaxe para ver a animación e comenta co alumnado da aula as aportacións da pomba, o axente, a tecnoloxía... á paz.

lunes, 18 de enero de 2010

Superación dos conflictos coa convivencia en paz.

Visualiza o vídeo titulado "Dinner for two" e comproba que estratexia de convivencia poñen en funcionamento os personaxes, paréceche axeitada? Analiza os resultados.

Mellorar a convivencia.

Esta imaxe sirve para ilustrar a perplexidade da persoa receptora dunha curiosa pero importantísima pregunta... Admítense ideas...

Averigua, lendo todos os cómics da biblioteca, a mensaxe da viñeta orixinal de Ibáñez.

viernes, 1 de enero de 2010