Este material ten importancia para o coñecemento da Idade Media porque se van estudar os personaxes masculinos e femininos de maior relevancia e algúns lugares destacados onde ocurre a acción.
Podemos traballar individualmente ou en grupo para averiguar as relacións entre eles, investigar e ampliar o coñecemento sobre as súas vidas e as aportacións históricas na orde cronolóxica dos acontecementos. Visualizar no mapa da Península os lugares destacados e os avances das conquistas duns e outros, e unha vez teñamos o tema visto, podemos "viaxar" coa robótica polo mapa de España político, facendo desta experiencia un xogo de estratexia dando cabida á linguaxe computacional que se vai relacionar coa orientación espacial dando unha boa sinerxia. Poden xurdir historias elaboradas polo alumnado para dar contexto aos retos que van ser levados á robótica e ao final a idea é disfrutar coa cultura traballando todas as competencias.
















No hay comentarios:
Publicar un comentario