As letras galegas 2011 adícanse a Lois Pereiro, un poeta "complexo para traballar en Primaria" pero de profundo sentimento de amor, vida, morte... nace en Monforte de Lemos no 1958 e ten cunha vida complicada dende que no 1981 descubre que padece a intoxicación polo aceite nesnaturalizado de colza, que precipita o seu desenlace no 1996.
Esta imaxe pretende recoller a miña sensación persoal ao ler a vida e obra deste poeta... na imaxe inferior nuns versos que amoso xunto a un grafitti que apareceu en Vigo, onde pode lerse a súa opción cara a vida, co sol entrando a eito... sol a mancheas tamén no debuxo superior, inspirado sobre unha das imaxes máis coñecidas.
Versos do poema:"Desde a superficie dun novo e imprevisto salvamento" Nadal 94. Para escoitar o poema enteiro preme AQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario