1º nivel: Comprensión literal. | Centrado en dúas capacidades fundamentais: recoñecer e recordar. As preguntas irán dirixidas ao: ü Recoñecemento e recordo da localización e a identificación de elementos, detalles (nomes, personaxes e os seus rasgos, feitos, épocas, lugares, tempo...) ü Recoñecemento e recordo das ideas principais/ secundarias/ relacións causa-efecto. |
2º nivel: Comprensión interpretativa. | Cunha primeira fase centrada na reorganización da información, (nova ordenación das ideas e informacións mediante procesos de clasificación e síntesis). E unha segunda fase na que o lector vai engadir a súa experiencia persoal á hora de realizar hipótesis e conxeturas, comprensión inferencial. As preguntas irán dirixidas a: ü Clasificar e categorizar aspectos persoais, lugares... ü Contextualizar e inferir o significado das palabras. ü Esquematizar e/ou resumir as ideas básicas. ü Analizar e facer relacións de causalidad entre as distintas partes do texto. ü Identificar o real e o imaxinario. ü Comprender o significado do texto partindo de inferencias lóxicas, culturais, semánticas... aspectos que non teñen porque aparecer no texto e que son coñecidos polo lector. |
3º nivel: Comprensión crítica. | Corresponde á lectura crítica ou xuizo valorativo do lector, conleva un: • xuizo sobre a realidade/fantasía. • xuizo de valores. Este nivel permite a reflexión sobre o contido do texto. O lector establece una relación entre a información que aporta o texto e os coñecementos que obteñen doutras fontes, e avalía as afirmacións do texto contrastándoas co seu propio coñecemento do mundo. As preguntas irán dirixidas a: ü Avaliar a consistencia ou irrelevancia do texto. ü Verificar a veracidade dunha información. ü Diferenciar os feitos das opinións. ü Analizar as intencións do autor do texto. ü Identificar o subxectivo do obxectivo. ü Valorar o texto (xuizo persoal). ü Relacionar a lectura coa experiencia propia. |
4º nivel: Metacomprensión lectora. | Esta fase ten dous compoñentes: monitoreo (capacidade do lector de ser consciente do seu proceso de comprensión) e regulación (mecanismos para controlalo). ü Realizar prediccións sobre a lectura. ü Detectar os aspectos importantes da lectura. ü Establecer os obxectivos da lectura. ü Supervisar o logro dos obxectivos da lectura. ü Planificar estratexias de comprensión. ü Localizar os problemas de comprensión. ü Identificar as causas dos problemas de comprensión. ü Usar estratexias correctivas. ü Avaliar os logros da lectura. ü Avaliar a eficacia das estratexias utilizadas. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario