miércoles, 14 de julio de 2010

Juega con Pipo.


Se abrirá una ventana con el juego ampliado.

jueves, 10 de junio de 2010

Formación para a elaboración de materiais didácticos.

Neste curso fixemos un curso de formación en centros de 30 horas, para elaborar materiais en diferentes formatos dixitais.
Asesora do CEFORE: Nieves Dapoza.
Coordinadora do PFAC: Lupe González.



PRESENTACIÓN DO TRABALLO DE 6º "O SOLDADIÑO DE CHUMBO" de Cristina Franco.
VÍDEO DE "LA SIRENITA" de Oscar Rodríguez.
VÍDEO DE "EL PATITO FEO" de Andreína Correa e Estefanía Rodríguez.


LIM SOBRE O CONTO DE POLGARIÑA de Lupe González.
VÍDEO DO CONTO DE POLGARIÑA.




PRESENTACIÓN COS TRABALLOS DO ALUMNADO DE 3º SOBRE ANIMAIS de Pili González.
LIM SOBRE O OUTONO de Chus Díaz e Fernando Liz.


RIMAS E RITMOS EN VARIAS LINGUAS de Luz Díaz.
CANCIÓNS PARA LER E ESCOITAR de Lupe González.
O resto do profesorado colaborou na preparacións das cancións, rimas, ilustración dos traballos, gravación, retoque, montaxe e elaboración do novo Blog do Comenius.

sábado, 5 de junio de 2010

Traballo do CEIP "O Piñeiriño".

Traballo compartido por Xose Antón. PREMEDE NA IMAXE.
Parabéns ao profesorado e alumnado que traballou no Proxecto.

viernes, 28 de mayo de 2010

Vocabulario en lingua galega, en LIM

Traballo en aspectos basado en imaxes de Vigo realizado polo GT "Inmersión lingüística en galego. Emprego as TIC"

Coordinadora: Lupe González.
Asesora: Nieves Dapoza.


O MERCADO DO CALVARIO de Oscar Rodríguez.


OS MONUMENTOS DE VIGO de Roberto Pérez.
OCIO E TEMPO LIBRE de Chuz Díaz.


OS OFICIOS de Luz Díaz.
OS ARREDORES DE VIGO de Begoña Salgado.


OS MEDIOS DE TRANSPORTE De Lupe González e Teresa Rosendo.
AS RÚAS de Xose Lois.

miércoles, 12 de mayo de 2010

Matemáticas na realidade.


Averigua o perímetro e a área do colexio, a lonxitude da fachada do teu edificio ou da túa praia favorita, a área do teu parque preferido...

Preme na imaxe e fai zoom para achegarte aos lugares requeridos e pescudar. Comenta na clase o que atopaches.

martes, 11 de mayo de 2010

12 de maio, día das matemáticas.

Celebra o día das matemáticas coas xeometrías máxicas de Galicia.

Cal é a túa imaxe preferida?

lunes, 3 de mayo de 2010

jueves, 29 de abril de 2010

miércoles, 28 de abril de 2010

Respira lentamente... e déixate levar polo movemento...


Imaxe do solpor en Vigo, coas Illas Cíes ao fondo.

viernes, 23 de abril de 2010

Flash dos paxaros na Madroa en Vigo.

Preme na imaxe para escoitar os paxaros e velos voar.

jueves, 1 de abril de 2010

Polgariña

Polgariña é un dos moitos contos de Andersen. Se queres escoitar o conto, ou lelo en diversas linguas preme na imaxe para acceder á páxina onde poderás facelo.
Este é un pequeno adianto primaveral... do mes do libro no colexio... este ano o adicamos a este escritor e os seus contos. Polgariña noutras linguas: Pulgarcita, Thumbelina (inglés), Tommelise (danés), Mignolina (italiano), La Petite Toucette (francés)...
Ver o vídeo por partes:
Podemos comezar coa lectura/audición deste conto e logo poñer os vídeos, cada un deles dura sobre oito minutos, e pode servir como incentivo ou reforzo da comprensión lectora.
PRIMEIRA PARTE, SEGUNDA PARTE, TERCEIRA PARTE.
Graciñas ao meu alumnado que rematou hoxe a lectura e ilustración de todo este conto... queda rematar a parte escrita e logo baixarémolo á biblioteca para compartilo co resto do centro.

O NOSO TRABALLO NESTE BLOG:


viernes, 12 de marzo de 2010

Penquiñas participando na semana da prensa.

Penquiñas atopa moitas novas na prensa... unhas relativamente boas e outras desastrosas, e decide colaborar na elaboración dun sinxelo xornaliño coas novas da biblioteca e as conmemoracións escolares, na lisa parede da entrada á aula.

lunes, 8 de marzo de 2010

8 de marzo, día da muller traballadora.




Polo de agora penso que queda moito por mellorar...
Que tal se este ano centramos a atención no reparto das tarefas do fogar?

Aprendizaxe de imitación...


No ensino facemos "teoría sobre a igualdade"... pero non poderemos cambiar as novas xeracións se non lles amosamos como vivir a igualdade na práctica... teñen que experimentala no día a día no seu entorno...
Empecemos xa a practicar a "teoría" se queremos que poidan crecer en igualdade.

viernes, 5 de marzo de 2010

Traballa sobre as novas.



Preparando a semana da prensa... que comeza o día 8 de marzo, día ademais da muller traballadora.
Se desexas traballar en papel podes facer estas actividades, elaboradas polo grupo de traballo BIBLIOKOLEGAS DE VIGO das que a nosa biblioteca forma parte. PREME AQUÍ.

Prepárate a coñecer os xornais dixitais.


miércoles, 3 de marzo de 2010

Elaborar traballos co sistema LIM


O lim é un entorno para a creación de materiais educativos formado por un editor de actividades (EdiLim), un visualizador (LIM) e un archivo en formato XML (libro), creado por Fran Macías.

Preme para facer a DESCARGA DO PROGRAMA. e/ou ler manuais sobre o seu uso.

O que se descarga é un zip que unha vez baixado ao ordenador, debemos darlle a extraer aquí (botón dereito sobre o zip) e estára listo para usar. De cando en vez baixade o último que teñan que o actualizan e melloran continuamente.

Dende ese enlace tedes outras opcións listadas na zona da esquerda para coñecer como é LIM, enlaces de materiais interesantes (incluido o zip por se non o tiñades no ordenador)
Neste curso contamos con Xose Antón Vicente para poñernos ao día neste fantástico sistema.

sábado, 20 de febrero de 2010

Ortografía en galego. José M. Boo Pouso.

Xogo de ortografía do CEIP de Frions.

miércoles, 17 de febrero de 2010

Descubrindo Flash.

Neste curso escolar a un grupo de profesores de primaria e secundaria pareceunos interesante aprender a facer cousas en flash para que as nosas actividades puidesen quedar máis "vistosas"... e pese a que partimos de cero tivemos a Jose Antonio Garabatos, do IES de Teis, para amosarnos o camiño... quédanos unha docencia para avanzar outro pouquiño e solventar dúbidas... Graciñas Jose Antonio.
Sentadas as bases, sempre poderemos seguir aprendendo en internet. AQUÍ e tamén AQUÍ.

sábado, 13 de febrero de 2010

Smart Notebook en línea.


Preme na imaxe para acceder e traballar en liña co software do EDI.

miércoles, 3 de febrero de 2010

Repaso do manexo do EDI con vídeos minititoriais.

Este curso tivemos a sorte de poder contar cunha persoa moi especial Mariló Mira, do IES de Tomiño, para facernos un intenso repaso de todas as posibilidades do EDI (Encerado dixital interactivo)... foron dúas docencias que serviron para abrirnos a todas as posibilidades que hai... so queda practicar cos dous EDI que temos no colexio. Graciñas Mariló.

Premendo sobre esta imaxe hai un enlace a uns vídeos minititoriais moi válidos para solventar esas dúbidas rápidas e non ter que precisar o ir aos manuais. Feito polo CEIP San José de Calasanz.

lunes, 1 de febrero de 2010

Repasa o xeito de escanear un traballo.


O xeito nº 2 de escanear está programado así no escaner na biblioteca para facilitar o seu uso.

PREME PARA ACCEDER AO SLIDE.

miércoles, 27 de enero de 2010

Mortadelo está coa Paz.

Este ano temos a Mortadelo colaborando coa CONVIVENCIA en Paz.

Abaixo vedes o cartel da entrada ao colexio... e á dereita algo camuflado está saindo da nosa aula de Pt, logo de facernos ver que a Paz é o mellor obxectivo para lograr a convivencia entre persoas moi diferentes.

Da gusto ver que o que se está a traballar vai dando algo de froito... polo que teño que estar dacordo con Mortadelo de que igual tiñamos que celebrar unha vez ao mes un día 30 de xaneiro, DÍA DA PAZ.
Bo día para todos e todas, lucide esas pombas de todas as cores e procedencias!!

domingo, 24 de enero de 2010

Analiza os perigos que amenazan a paz con "Pigeon imposible".

Preme na imaxe para ver a animación e comenta co alumnado da aula as aportacións da pomba, o axente, a tecnoloxía... á paz.

lunes, 18 de enero de 2010

Superación dos conflictos coa convivencia en paz.

Visualiza o vídeo titulado "Dinner for two" e comproba que estratexia de convivencia poñen en funcionamento os personaxes, paréceche axeitada? Analiza os resultados.

Mellorar a convivencia.

Esta imaxe sirve para ilustrar a perplexidade da persoa receptora dunha curiosa pero importantísima pregunta... Admítense ideas...

Averigua, lendo todos os cómics da biblioteca, a mensaxe da viñeta orixinal de Ibáñez.

viernes, 1 de enero de 2010