jueves, 31 de diciembre de 2009

Veñen os Reis Magos.

Unha canción moi animada...

lunes, 28 de diciembre de 2009

Panxoliña "Con un sombreiro de palla" de FUXAN OS VENTOS.

Para ler e cantar con pictogramas, preme AQUÍ.

Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
mentras adouraba ó Neno,
comeulle o sombreiro o boi,
DEIXADE OS PASTORES
DEIXADEOS PASAR
QUE VAN A CANTAR AO REI
A XESUS NO PORTAL!
Nunhas pallas deitadiño
i en coiriños alí está!;
sendo o Dono diste mundo
e Señor de canto hai!

lunes, 21 de diciembre de 2009

Contos do Apalpador para ler.

Preme e poderás ler uns bos contos sobre o Apalpador galego.


Clica na imaxe para ler en ISSUU.

Clica.
Estes contos poden lerse escollendo as imaxes con texto, clicando sobre a primeira e logo pasando as seguintes.

Para ler e acceder a outras actividades sobre o Apalpador preme AQUÍ.

domingo, 20 de diciembre de 2009

O Apalpador, personaxe do nadal galego que compite con Papanoel.


Cantiga recollida no courel.
Vaite logo meu ninín/neniña,
marcha agora para a camiña,
que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande,
día do noso Señor.
xa chegou o día grande,
e virá o Apalpador.

Mañã é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba,
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

viernes, 18 de diciembre de 2009

Bo Nadal para tod@s.


Penquiñas quere desexarvos unhas "Felices Festas de Nadal" e comentarvos que xa lle solicitou a Papanoel e aos Reis Magos, unhas "pilas novas" para cada un de nos, para que comecemos o ano 2010 a tope de enerxía e con interese e forzas renovadas.
Velaí van... no "Burrito Sabanero" (clica abaixo para escoitar a música). Apertas.


Con mi burrito sabanero, voy camino de Belén (bis)
Si me ven, si me ven, voy camino de Belén (bis)

Con mi cuatrico voy cantando y mi burrito va trotando (bis)
Si me ven, si me ven, voy camino de Belén (bis)

El lucerito mañanero, ilumina mi sendero (bis)
Si me ven, si me ven, voy camino de Belén (bis)

Tuqui Tuqui Tuquituqui, Tuquituqui Tu qui Ta, apúrate mi burrito que ya vamos a llegar
Tuqui Tuqui Tuquituqui, Tuquituqui Tu qui Tu, apúrate mi burrito vamos a ver a Jesús.

jueves, 17 de diciembre de 2009

Razonamento, problemas, cálculo, glosario de termos...


Preme para facer moitas actividades matemáticas dos diferentes apartados da esquerda.

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Xogos de Nadal en Palabras Amigas.


Se premes na imaxe poderás facer actividades como: sopa de letra, aforcado, xogo de memoria e crebacabezas de diferente cantidade de pezas.

martes, 15 de diciembre de 2009

Xogo de Nadal de Vedoque.



Xogo con diferentes actividades para repasar as sílabas, axeitado para o alumnado do 1º ciclo.

Outros xogos do mesmo estilo neste enlace. Preme AQUÍ.

jueves, 10 de diciembre de 2009

A vendedora de mistos.


Vídeo basado nun conto de Hans Christian Andersen.

martes, 8 de diciembre de 2009

As aventuras de Lunicef


Enlace de UNICEF onde se gardan os vídeos das misións do superheroe Lunicef en "Luna Lunera", para que todos os nenos e nenas poidan coñecer os seus dereitos e saber que deben ser defendidos e protexidos.