Cantiga recollida no courel.Vaite logo meu ninín/neniña,
marcha agora para a camiña,
que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande,
día do noso Señor.
xa chegou o día grande,
e virá o Apalpador.
Mañã é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba,
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario