Debaixo vai a parte traseira para cada tira de cartas, para ter en cada unha a secuencia, e poder ler en alto. Se queredes montar o xogo logo hai que cortar as catro imaxes.
Ideas para poder xogar. O meu obxectivo para este xogo é achegar ao meu alumnado as figuras máis destacadas da Reconquista (xa que iremos á Reconquistiña e á Reconquista) e que se interesen por afondar na historia de Vigo e na historia en xeral. Como conto que outros mestres de Vigo lle poden sacar partido, o comparto.
As imaxes foron sacadas de internet e algunhas retocadas para completalas e ter todo o corpo da persoa, logo de traballar os contidos na Vigopedia. O uso é motivacional e didáctico para Primaria. Se algo debe ser modificado podedes comentalo no blogue.














Un excelente traballo!
ResponderEliminar