
Enlace para traballar con variedade de vídeos en galego, son moi axeitados para levar as aulas dada a súa brevidade e calidade. Preme para elexir:
Enlace ao vídeo "A escola das areas" en galego.
Animación en plastilina, baseada nun texto de Frai Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo. Exemplo de actividades sobre o vídeo. AQUÍ
Berto posúe unha lóxica reflexiva extraordinaria e unha sensibilidade especial de cara ao seu entorno; un entorno completamente plural, como a realidade mesma. A través dos seus ollos, pódense apreciar moitas das características que veñen marcando os vertixinosos cambios sociais que remataron modificando, por exemplo, o escenario tradicional da familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario