Resume do que debemos facer ante unha crise epiléptica:
1.- Actuar con calma procurando non asustarse.
2.- Evitar que se faga dano, sobre todo na cabeza usando unha almofada... despexando a zona de obxectos perigosos cos que poder mancarse.
3.- Colocar a persoa na postura lateral de seguridade.
4.- Non introducir na boca obxectos (a posibilidade de morder a lingua ocurre nos primeiros segundos), recoméndase deixar libre a zona aérea para que poida respirar.
5.- Non suxeitar a persoa interferindo nos seus movementos, podería ocasionárselle un dano muscular.
6.- Observar atenta e pacientemente, se a crise dura máis de 15 minutos avisar aos servizos de urxencia. Deixar descansar ata que se recupere totalmente.
Para ler con máis detalle todo o documento preme na imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario