jueves, 24 de febrero de 2011

Lois Pereiro. Opción cara a vida.

As letras galegas 2011 adícanse a Lois Pereiro, un poeta "complexo para traballar en Primaria" pero de profundo sentimento de amor, vida, morte... nace en Monforte de Lemos no 1958 e ten cunha vida complicada dende que no 1981 descubre que padece a intoxicación polo aceite nesnaturalizado de colza, que precipita o seu desenlace no 1996.
Esta imaxe pretende recoller a miña sensación persoal ao ler a vida e obra deste poeta... na imaxe inferior nuns versos que amoso xunto a un grafitti que apareceu en Vigo, onde pode lerse a súa opción cara a vida, co sol entrando a eito... sol a mancheas tamén no debuxo superior, inspirado sobre unha das imaxes máis coñecidas.


Versos do poema:"Desde a superficie dun novo e imprevisto salvamento" Nadal 94. Para escoitar o poema enteiro preme AQUÍ.

miércoles, 16 de febrero de 2011

Repasa la medida.

Material de Marisa Carrillo, Enrique Hernán, Laura Hernán.

CLICA SOBRE LAS LÍNEAS DE PALABRAS QUE ESTÁN BAJO LAS IMÁGENES..





UNIDADES DE LONGITUD. Clica aquí.
UNIDADES DE SUPERFICIE. Clica aquí.


domingo, 13 de febrero de 2011

Ler e escribir sobre o amor.

Posible carta de Manuela ao seu home Manuel.
Personaxes do conto AVÓS de Kalandraka.
Para o día de San Valentín.



Na entrada da aula puxemos un debuxo alusivo a unha das ilustracións deste libro AVÓS, do que estamos a facer unha lectura conxunta.

AVÓS de autor Chema Heras e ilustradora Rosa Osuna. Ed. Kalandraka. 



miércoles, 2 de febrero de 2011

Mala sorte.

Mala sorte.

E por primeira vez desde que souben
que aínda respiraba e seguía vivo
sei o que é sentir medo a non estalo

Interrompido na mellor escea
cando estaba soñando un soño dérmico
de paixón e beleza
cunha serea distancia literaria e sabia

Só ela podía ser tan inoportuna
groseira inculta e pouco delicada
chamándome despois de ter sobrevivido
á confortable atracción do fracaso
e saber dunha vez o que era a vida
amar e ser amado.

LOIS PEREIRO.