miércoles, 4 de diciembre de 2013

Niveis de comprensión lectora.


1º nivel:

Comprensión literal.

Centrado en dúas capacidades fundamentais: recoñecer e recordar.

As preguntas irán dirixidas ao:

ü Recoñecemento e recordo da localización e a identificación de elementos, detalles (nomes, personaxes e os seus rasgos, feitos, épocas, lugares, tempo...)

ü Recoñecemento e recordo das ideas principais/ secundarias/ relacións causa-efecto.


2º nivel:

Comprensión interpretativa.

Cunha primeira fase centrada na reorganización da información, (nova ordenación das ideas e informacións mediante procesos de clasificación e síntesis).

E unha segunda fase na que o lector vai engadir a súa experiencia persoal á hora de realizar hipótesis e conxeturas, comprensión inferencial.

As preguntas irán dirixidas a:

ü Clasificar e categorizar aspectos persoais, lugares...

ü Contextualizar e inferir o significado das palabras.

ü Esquematizar e/ou resumir as ideas básicas.

ü Analizar e facer relacións de causalidad entre as distintas partes do texto.

ü Identificar o real e o imaxinario.

ü Comprender o significado do texto partindo de inferencias lóxicas, culturais, semánticas... aspectos que non teñen porque aparecer no texto e que son coñecidos polo lector.


3º nivel:

Comprensión crítica.

Corresponde á lectura crítica ou xuizo valorativo do lector, conleva un:

• xuizo sobre a realidade/fantasía.

• xuizo de valores.

Este nivel permite a reflexión sobre o contido do texto. O lector establece una relación entre a información que aporta o texto e os coñecementos que obteñen doutras fontes, e avalía as afirmacións do texto contrastándoas co seu propio coñecemento do mundo.

As preguntas irán dirixidas a:

ü Avaliar a consistencia ou irrelevancia do texto.

ü Verificar a veracidade dunha información.

ü Diferenciar os feitos das opinións.

ü Analizar as intencións do autor do texto.

ü Identificar o subxectivo do obxectivo.

ü Valorar o texto (xuizo persoal).

ü Relacionar a lectura coa experiencia propia.


4º nivel:

Metacomprensión lectora.

Esta fase ten dous compoñentes: monitoreo (capacidade do lector de ser consciente do seu proceso de comprensión) e regulación (mecanismos para controlalo).

ü Realizar prediccións sobre a lectura.

ü Detectar os aspectos importantes da lectura.

ü Establecer os obxectivos da lectura.

ü Supervisar o logro dos obxectivos da lectura.

ü Planificar estratexias de comprensión.

ü Localizar os problemas de comprensión.

ü Identificar as causas dos problemas de comprensión.

ü Usar estratexias correctivas.

ü Avaliar os logros da lectura.

ü Avaliar a eficacia das estratexias utilizadas.


domingo, 29 de septiembre de 2013

Pensando nos apoios...

Cada comezo de curso toca pensar neses apoios que poidan facer que o noso alumnado acade o nivel que lle permita avanzar...

domingo, 25 de agosto de 2013

Prueba tu velocidad y comprensión lectora.


Clica en las imágenes para descubrir tu velocidad lectora o en las palabras inferiores para valorar la comprensión.

Consulta con tu tutor/a para valorar el nivel de partida y todo lo que estás mejorando...

martes, 2 de julio de 2013

Superando as propias limitacións.

Este vídeo amosa a persoas con moitas limitacións corporais loitando no día a día para ter unha vida plena e independente... feliz.
Sorprende a forza conseguida no vídeo!! clica para acceder.

jueves, 9 de mayo de 2013

viernes, 3 de mayo de 2013

Preparando as celebracións do mes de maio.

No mes de maio temos dúas datas salientables:

12 de maio, día das matemáticas. CLICA para acceder ao que se foi facendo e enlazando nestes anos anteriores na biblio do cole. Pouco a pouco irá aparecendo o novo deste curso escolar.

17 de maio, día das Letras Galegas, este ano adicado a Roberto Vidal Bolaño. CLICA para acceder ao que se vaia facendo dende o cole.

jueves, 25 de abril de 2013

Canciones de los oficios y vestimenta en pictogramas.

Repasamos con canciones. Clica en la imagen.



lunes, 22 de abril de 2013

Videoconto e LIM de Polgariño.

Para a celebración do día do libro podemos escoitar o conto de Polgariño de Perrault mentres facemos os crebacabezas coas imaxes montadas e adaptadas de ARASAAC con outras recollidas na rede. 
Logo poremos a proba a nosa comprensión lectora cunhas sinxelas actividades...

miércoles, 13 de febrero de 2013

Diferentes.

Guía ilustrada sobre la diversidad y la discapacidad.

lunes, 14 de enero de 2013

Obxectivo a PAZ.

Este ano co día da Paz tamén celebramos a semana cultural de Etiopía.

sábado, 5 de enero de 2013