viernes, 27 de febrero de 2026

Actividades con plano sobre a Reconquista

  
1.- Nesta actividade podemos darlle ao alumnado fotocopia en A4 da imaxe do plano do folleto de turismo do Concello sobre o Vigo antiguo, e que sexan quen de plasmar a antiga muralla da cidade, e a súa porta da Gamboa. Poderíamos usar unha imaxe como a inferior para axudalos. Se son pequenos se lles orienta coa muralla que queda do Concello e que está no mesmo lugar e orientada do mesmo xeito nas dúas imaxes.
2.- Empregando o robot Coding Set e o plano coa muralla (axeitado as dimensións 10x10 deste material) pedimos que os personaxes clave da Reconquista se movan polos lugares históricos.
Nesta proposta Carolo debe buscar a Cachamuíña para que o axude a derrubar a porta da Gamboa. 

jueves, 26 de febrero de 2026

Xogo da Reconquista de Vigo

Debaixo vai a parte traseira para cada tira de cartas, para ter en cada unha a secuencia, e poder ler  en alto. Se queredes montar o xogo logo hai que cortar as catro imaxes.
Ideas para poder xogar. O meu obxectivo para este xogo é achegar ao meu alumnado as figuras máis destacadas da Reconquista (xa que iremos á Reconquistiña e á Reconquista) e que se interesen por afondar na historia de Vigo e na historia en xeral. Como conto que outros mestres de Vigo lle poden sacar partido, o comparto. 
As imaxes foron sacadas de internet e algunhas retocadas para completalas e ter todo o corpo da persoa, logo de traballar os contidos na Vigopedia. O uso é motivacional e  didáctico para Primaria. Se algo debe ser modificado podedes comentalo no blogue.

jueves, 5 de febrero de 2026

Vigo no entroido

Disfruta coa cultura do entroido en Vigo!! 
Coñece ao noso Merdeiro, home ou muller de mar que aproveita estas datas do entroido para meterse coa xente. 
Esta figura nace a finais do século XIX no contexto da rivalidade entre mariñeiros e labregos. Se a atopades, debedes respectalo e levar con bo humor que lance fariña, lentellas ou pretenda asustar a calquera levando un allo porro ou algún outro vexetal da horta na man. 

                                                É entroido... Toca pasalo ben!!

lunes, 2 de febrero de 2026

Entroido galego de interese cultural


O entroido en Galicia sempre sorprende, porque cada ano aumenta a implicación da veciñanza na mellora e recuperación destas festas populares tan cheas de artesanía, ledicia, música, baile e cor. 

Estas imaxes foron retocadas con intelixencia artificial para que sendo debuxos teñan o máximo parecido á realidade, e faciliten que o noso alumnado atesore esta grande riqueza cultural da nosa terra.
Se duplicas as imaxes e as colocas cara abaixo nunha mesa coa parte traseira que deixo abaixo, podes facer un xogo de memoria.