lunes, 17 de enero de 2011

Yo quiero tener un millón de amigos.



Unha canción para resaltar a importancia da amizade, e poder cantar tod@s xuntos o día da paz.

Hai que aprendela!!

Coñece un pouco ao cantante, Roberto Carlos... preme na imaxe.

miércoles, 5 de enero de 2011

Preparados para os Reis!

A adoración dos Reis Magos, imaxe preciosa do tímpano de San Fiz de Solovio en Santiago.
Imaxe parecida á de Santa María da Franqueira.
A imaxe deste blog está sacada da Wikimedia Commons, autor Lansbricae.
Ponlle música.

martes, 4 de enero de 2011

lunes, 27 de diciembre de 2010

Mascotas no xacobeo.

A mascota da nosa aula, Penquiñas, que participou neste Xacobeo 2010, está a piques de gardar a súa roupa, xa que ata dentro de once anos non vai volver poñela... nestes días que aínda quedan para rematar o ano, fai un repaso dos aspectos básicos do que levaba.

Aproveita tamén para amosarvos a nova mascota XUBI do deseñador galego Alberte Permuy que integra o caxato e a cabaza en tonos azuis... preme sobre ela para ler máis.

Ao seu carón está a mascota PELEGRÍN nacida no Xacobeo 1993



lunes, 13 de diciembre de 2010

Repasa os tipos de globos con Mafalda.


Preme sobre a imaxe para vela a maior tamaño.
Se a imprimes podes coloreala e logo emplear as imaxes para facer a túa propia tira.

sábado, 11 de diciembre de 2010

Fai música co canto destes cabalos.


Preme sobre cada cabalo para ir compoñendo a música.
Se o desexas máis grande preme AQUÍ.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Un gaiteiro no Belén para animar a festa.


Nesta ponte coas festividades da constitución, día do ensino e a inmaculada, tocou "montar o Belén" na casa, e mentras colocaba pedriñas, musgo de mil anos e musgo sintético, a sagrada familia, pastores, o anxo, ovellas, labradores, reis magos e herodes, moitos non saen la foto... con serrín que pareceume moito máis limpo que a area, e construccións feitas na casa... sen esquecer ao Mortadelo que vixará ao Fleming mañá mesmo para animar á semana do cómic.... pensaba que podía engadirlle para que tivera un puntiño galego... e decidín que "un gaiteiro" sería fenomenal para animar a festa...

sábado, 4 de diciembre de 2010

Penquiñas preparando o Nadal.

Penquiñas comeza a descontar os días cara ao Nadal... e recomenda "dalo todo" nestas últimas datas, para que unhas boas notas poñan aos Reis Magos en moi boa disposición...


Humor, cómics e Nadal...

Sempre é posible relacionar o Nadal e os cómics!!
Preme AQUÍ para ler más cómics sobre este tema. Se premes sobre a imaxe lerás mellor os bocadillos.

viernes, 3 de diciembre de 2010

Recursos sobre o Nadal.




Preme sobre a imaxe.

jueves, 2 de diciembre de 2010

O cazo de Lorenzo


Este conto de Isabelle Carrier fala do día a día dun neno diferente, con dificultades, cualidades e obstáculos que debe afrontar...
Libro recomendado por FEAPS.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

domingo, 21 de noviembre de 2010

Conta o que acontece nestes vídeos de animais.



Que tipos de sons escoitas nestes vídeos.
Cal é a intevención do ser humano nestas historias?
Parécenche uns vídeos realistas?
Escribe uns finais alternativos.

jueves, 18 de noviembre de 2010

Chocolata en karaoke.


O enfoque da lectura dos contos de OQO cos "Contos en Cantos" de Almudena Janeiro, é perfecto para estimular a lectura do 1º ciclo na aula ou na biblioteca.

Contos en cantos, contén trece cancións compostas partindo das historias contadas en Paco Papán, Chocolata, Sal e azucre, Cocorico, Titiritesa, Mariluz avestruz, Corre, corre cabaciña, A princesa do Caurel, O Papón, Loboferoz, Sígueme, Rato Tom e Rata Tomasa, e Pío pío.

martes, 16 de noviembre de 2010

Leo y escribo en el EDI

Clicando en esta imagen tendrás acceso a una actividad de lectura (está el cuento completo) y escritura para hacer en el EDI (encerado digital interactivo).
Adecuada para un nivel de E. Infantil o 1º de Primaria.
Es necesario tener el Notebook de Smart instalado.
Máis información sobre software AQUÍ e posibilidade de descarga de traballos AQUÍ en EDIGA Asociación de Encerado Digital de Galicia.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Acuarela

Película que trata sobre una pareja que tras sufrir un accidente de coche tiene amnesia.
En primer plano en la imagen, Benito González, el peque...

domingo, 7 de noviembre de 2010

Matemáticas en Primaria. Proyecto Cifras.

Al entrar se abre una animación que presenta a la pandilla, en la que cada personaje va a representar uno de los bloques de contenidos. Una vez vista, pasamos automáticamente al:

Pueblo donde hemos situado cuatro mundos: el parque Tales (1º ciclo), el polideportivo (2º ciclo) Pitágoras, el hiper Descartes (3º ciclo) y el colegio Eratóstenes (aspectos lúdicos, literarios o históricos).

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Leyendo de Miguel Hernández.

Un ciprés: a él junto, leo.
(El sol va acortando poco
a poco su fulgor loco.
Preludia un ave un gorjeo.)
Me acuesto en la hierba. Leo.
(Es el poniente de hoguera:
contra él una palmera
tiene un débil cabeceo.)
Echo el ojo al hato. Leo.
(Da el sol un golpe mayúsculo
a una montaña...
Crepúsculo.
Se oye de un agua el chorreo.)
Me pongo sentado. Leo.
(La muriente luz se enjambia
fingiendo una gran Alhambra
de mármol cristaloideo.)
(Trunca el ave su gorjeo.
Por el oriente descuella
la noche.
¿Nace una estrella?)
No quedan luces... No leo.
Preme para escoitar o poema "Leyendo".
A decoración da porta da aula enlaza o traballo de Miguel Hernández (texto coa ilustración no bocadillo para facilitar a comprensión) e o da semana do cómic que pronto estará na biblioteca e polos corredores.

Para ler outros poemas de Miguel Hernández, PREME AQUÍ.

lunes, 1 de noviembre de 2010

Conto da pantasma de Canterville.


Preme sobre a imaxe para pasar as páxinas da adaptación ao galego do conto de Oscar Wilde: A pantasma de Canterville.
Traballo realizado polo alumnado de reforzo de lingua da aula 310 do CEP Dr. Fleming de Vigo.
Para velo en grande preme AQUÍ.

lunes, 18 de octubre de 2010

A pantasma de Canterville.

1 2

Coa axuda das catro imaxes do ilustrador arxentino, Sebastián Barreiro, conta aos compañeiros a historia que se narra neste libro. Primeiro averigua a orde temporal das mesmas.

3 4
Para ler a obra en castelán na Wikisource preme AQUÍ , para escoitala preme na imaxe inferior. Podes ler e escoitar activando os dous enlaces.
Coñece ao autor desta obra OSCAR WILDE.
Ficha para traballar a comprensión do 1ª capítulo.
















domingo, 17 de octubre de 2010

Contos inspirados na pantasma do castelo.

Para ler os sinxelos contos de pantasmas do alumnado desta aula elaborados nestas datas do curso pasado e inspirados no libro "A pantasma do castelo" de Mira Lobe ed. Galaxia, premede na imaxe. Están no blog da biblioteca como comentarios.

miércoles, 6 de octubre de 2010

Podcast con Audacity.

Preme na imaxe para ler un manual sinxelo.


Como pendurar podcast no blog de Blogger.

martes, 5 de octubre de 2010

Emprego das TIC na aula de PT.

As aulas de Pt son as máis axeitadas para manexar o EDI de xeito cotiá, xa que xeralmente temos nelas uns grupiños con pouco alumnado... non máis de catro na miña aula. As veces vense os EDI parados nalgures... as aulas de Pt pódenlle sacar moito partido diariamente.

Na imaxe superior pódese observar que hai un alumno traballando nun lim de matemáticas no ordenador de sobremesa (poderían estar dous alumnos e traballar en equipo) e un alumno no EDI facendo o programa de encestar o acento. Ambos programas enlazados neste blog.

O EDI non é equipamento propio desta aula, de feito foi mercado pola biblioteca, e préstase cando algún mestre o solicita... ten un carro que leva incorporado o equipo de son e o canón, e so precisa conectar un portátil que teña instalado o sofware da pizarra, o Notebook.

lunes, 4 de octubre de 2010

Finalidade do uso das TIC na aula Pt.

REFORZO DO CURRÍCULO. Seleccionar materiais que sirvan para reforzar o aprendido nas diferentes áreas curriculares, sobre todo naqueles temas nos que atopamos maiores dificultades.
MELLORA DE TODAS AS COMPETENCIAS, incluindo a dixital, aprender a aprender, autonomía e iniciativa persoal...
POSIBLE MANEXO COMO REFORZO POSITIVO, MOTIVACIÓN xa que estes medios aproveitan a imaxe e o son.
SELECCIÓN E CREACIÓN DE MATERIAIS E A POSIBILIDADE DE COMPARTIRLOS, aproveitando os blogs das aulas, bibliotecas escolares... facendo que na rede todos vaiamos eliminado esas barreiras de espazo e tempo, e poidamos facilitar o acceso aos coñecementos, programas, lecer, as persoas con maiores dificultades...
SATISFACCIÓN DAS NECESIDADES ESPECÍFICAS E PROPIAS DOS NEAE, visualización ampliada, pictogramas, apoio xestual...
INNOVACIÓN EDUCATIVA. Facendo un esforzo por estar ao día, por mellorar continuamente.


domingo, 3 de octubre de 2010

Resolución de problemas.

Programa moi completo para reforzar os problemas aritméticos, xeométricos, de razonamento lóxico e tanteo sistemático na Primaria. Autor Juan García Moreno.


sábado, 2 de octubre de 2010

Entrena las operaciones básicas.

Dedica unos minutitos a afilizar el cálculo básico, sobre todo la multiplicación.
Puedes seleccionar el tiempo y la operación.
¡Prueba si eres más rápido y eficaz que tus allegados! ¡Sorpréndete de lo que puedes conseguir!

viernes, 1 de octubre de 2010

Prioridade de operacións.

A formación no CEP Dr. Fleming.

Tipos de formación:
INDIVIDUAL:
Segundo as necesidades individuais de cada profesional. Recóllense as inquedanzas e dase a información precisa para que o profesorado poida fatisfacer os seus intereses persoais:
Recordanse as direccións electrónicas e o xeito de acceder a webs como:
Formación profesorado.
Platega.
EOI Escola oficial de idiomas de Vigo.
EPA Artes y oficios.

Ensinanzas especiais e adultos.

GRUPAL INTERNA SEGUNDO NECESIDADES E/OU DEMANDA:
Neste curso académico 2010-2011 o resultado da elección do profesorado sobre a proposta de cursos internos (impartidos solidariamente polo propio profesorado do centro e non cerfificables en horas) quedou do seguinte xeito:

GRUPAL INTERNA E EXTERNA:
Considérase formación interna e externa a aquela na que a docencia é externa ao propio personal do centro, e dicir, é unha formación supervisada e asesorada polo CEFORE, na que se certifican horas, neste curso a asesora é Nieves Dapoza... como é unha formación aberta ao profesorado do centro pasa a ser interna para aqueles que non forman parte dos diferentes grupos.

Obradoiro ABALAR. Todo o profesorado que imparte docencia nas catro aulas de 5º nivel.
PFAC “Integración das TIC nas aulas” 30 horas. Participan 16 persoas do centro. Formación Blogger, Audacity e Gimp.
GT “A comprensión lectora dende as TIC” 50 horas. Participan 9 persoas entre as deste centro e outros da cidade. Formación no Notebook do EDI.

Actividades TIC por cursos e áreas.